Monterroso acolle a III Feira do Disco e Libro galego

A Asociación 25 Xastres da capital da Ulloa organiza máis un ano esta feira que pretende reunir nun mesmo espazo os elementos primordiais da difusión cultural, libro e disco, coa lingua galega como elemento vehicular. A Feira desenvolverase entre as 10:30h e as 21:30h do sábado 17 no Recinto Feiral da Cúpula e contará cunha chea de actividades para todos os públicos ao longo da xornada.


Obradoiros, como o de ilustración con Luís Davila de mañá, presentacións literarias, como a de Anaír Rodríguez ou Daniel Salgado pola tarde, palestras, como a de Xurxo Souto e moitísima música nesta terceira edición da Feira do Disco e Libro Galego. Así, haberá concertos de Samarúas, Pakolas, Habelas Hainas, Cristian Silva, etc. nunha completísima xornada que busca consolidar a proposta desta feira cultural galega.

Visita o seu Facebook para estar ao tanto de novidades ou consulta o programa completo!



Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto