Primeiramente comezar pedindo desculpas, por ter tan parada a web estes últimos meses. Pouquiño a pouco tentaremos ir retomando a actividade normal.
O Próximo sábado 20 de Outubro Vimianzo volta á época da infancia de moitas veciñas e veciños, ou inclusive das súas nais e avoas. Un pasado labrego que se lembra con foliada, concertos, magosto, teatro, gastronomía, xogos, obradoiros e unha morea de actividades.
O vindeiro 20 de outubro a A.C. Cherinkas vai revivir a tradición un ano máis.
Van recuperar os traballos asociados ao millo como a esfollada, o debullado e finalmente o moer que se poderá ver ao vivo no propio Muíño da Agra, monumento anterior ao século XVIII. E entre as novidades deste ano destacan a demostración de artesanía ao vivo na contorna do muíño, ao xeito dunha feira das de antes.
A festa amplíase comezando xa ao mediodía e saíndo do Muíño da Agra e trasladárase ás rúas e diferentes establecementos da vila, cos Cantos de Taberna.
Pola tarde a festa vivirase baixo as carpas do Muíño da Agra, con sesión café de pota con chulas, Artesanía ao Vivo, exposición de imaxes antigas de Soneira. Como curiosidade haberá un fotógrafo de época tirando imaxes tamén dos asistentes. Actividades para os cativos da casa durante a tarde con diferentes xogos ou a obra “Raposadas” con Raquel Queizás, unha selección de contos tradicionais galegos de animais. Haberá tamén visita teatralizada ao Muíño da Agra, competición de debullado de millo, obradoiros de filloas e amasado de pan entre outras cousas. Para dar paso ao primeiro concerto á tardiña, previamente a cea, e ir quecendo motores co magosto e a foliada, antes de dar paso aos concertos que poñerán peche ao día.
Deixámosvos un vídeo da pasada edición para que vos entre o fervello de arrimarvos.
PROGRAMA
13h
Cantos de Taberna (Vila)
16h
Sesión Café de Pota
Ofrenda aos Tempos
Apertura de Artesanía ao Vivo
Apertura de Exposición Fotos
16h15
Teatro infantil: Raquel Queizás
17h00
Visita Teatralizada ao Muíño
17h45
Debullada de Millo
18h15
Sesión Filloa
Obradoiro de Amasado
Obradoiro de Elaboración de Filloas
19h
Davide Salvado
20h
CEA E MAGOSTO
FOLIADA: “Maruxía” de Laxe, “O Son do Castro” de Borneiro, “Abaladeiras” de Muxía e “Trubisquiña” de Vimianzo
22h30
Tombalobos Orquestra
A Banda Da Balbina
Skandalo GZ