22 e 23 de xuño, Sigüeiro, terra troiteira por excelencia, recrea esta tradición coa primeira edición do festival PSICOTROITA. Preséntase co azo de se asentar coma unha cita de referencia no panorama musical e cultural do país, atendendo a unha liña principalmente garaxeira/roncanroleira, mais sen esquecer outros estilos imprescindibles coma o rap de Malandrómeda.


A partir das 23:00h da noite, venres 22 e sábado 23 de xuño, Sigüeiro hase converter na capital do rock e o garaxe galegos. 

Desfrutaremos coa presenza de varias bandas foráneas, coma Los Guajes (Xixón) ou Doctor Gringo,  e tamén con varios dos grupos do país que están a dar que falar máis este ano, coma Kastomä, Terbutalina e Familia Caamagno. Todo isto sen esquecer a actuación dos Combos da Escola de Música de Oroso. A festa alongarase até o infinito grazas ás pinchadas de Rafa Morcego, venres e Supahcan Selector, sábado.

A noite de San Xoán, sábado 23, virá precedida por actividades deportivas coma o tiro con arco e encontros de fútbol sala; xa ao serán boa paparota garantida coa sardiñada e churrascada. Toda a info en www.psicotroita.com

HORARIOS:



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.