O Festival que se celebra no parque forestal de Bembrive, Vigo, chega a súa segunda edición cun cartaz que segue a liña marcada na súa primeira edición, celebrada en setembro do ano pasado. Bandas decididamente festeiras ao vivo e presenza tanto de grupos do país como foráneos. Unha outra opción para esta fin de semana.

 

Arredor da cidade de Vigo, un anel de parques forestais nos montes das parroquias rururbanas serven de pulmón verde á urbe. Nun deles, o de Bembrive, vaise celebrar a segunda edición deste festival.

Dakidarría, La Banda de Andrelo e O Sonoro Maxín pola banda galega e Bongo Botrako desde Catalunya compoñen o cartel dos concertos da noite. Estas actuacións porán o ramo á unha xornada que comezará xa de mañá, na que haberá obradoiros e que tamén contará coa actuación do Cé Orquestra Pantasma. Todo iso sen esquecer a sesión vermouth, desde ás 12 do mediodía, na que haberá unha polbeira do Carballiño.

Malia sabermos o complicado que é montar un festival e coñecermos o traballo que leva feito a xente do bar La Cabaña, organizadoras do festival, desde GZmúsica temos que dicir que non gustamos de ver entre as empresas colaboradoras co festival algún coñecido club de alterne da comarca. Atopar financiamento sempre é difícil, pero na nosa opinión recorrer a empresas que practican a explotación sexual non debe ser o camiño para atopar o diñeiro.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.