Sábado 16 de xuño. A Alta Montaña galega argalla o seu festival. A Rebusca volve con forza na súa cuarta edición, cun cartaz interesante e unha xornada chea de actividades. Circo, música, natureza...e todo de balde, acampada incluída!

A IV edición da Rebusca contará con numerosas actividades ao longo de toda a xornada do sábado 16 de xuño. Música, circo, obradoiros, xogos tradicionais, etc. a partir das 11 da mañá, como podedes comprobar vendo o seu programa.

Tanto os concertos da noite como as actividades circenses desenvolveránse nunha carpa con capacidade para 1.500 persoas, instalada nun precioso prado da alta montaña, pertiño da aldea de Paradela, a 4 Km de Maceda de Trives, -aka Manzaneda-. Ademais, a organización preparou unha zona de acampada e mais unha zona para autocaravanas, para quen queira gozar coa música e a festa sen se preocupar despois por coller o coche. E falando do carro, se non tes como ir até o festival ou se tes un vehículo e queres compartir gastos de desprazamento, nesta ligazón ou no propio facebook do festival podes enterarte de como facelo.

Á noite, tres magníficas bandas encheran a carpa de boa música e festa asegurada. A representación galega corre a cargo dos Dios Ke Te Crew. O colectivo de Ordes ha levar até A Rebusca a súa proposta hip-hopeira, que leva xa uns anos convencendo nos festivais galegos. Outra formación xa coñecida das e dos seareiros dos festis galegos son os Kussundulola. A banda reggae portuguesa xa trunfou no país nos tempos do Xabarín, cunha das máis coñecidas colaboracións co clube de alén Miño. Por último, os Figli de Madre Ignota, probabemente a baza secreta da Rebusca este ano. A banda italiana actuará por vez primeira na Galiza e prometen unha boa dose de baile co seu spaguetti balkan sound.

 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.