Colectivo Hip Hop creado en Ordes no 2003, propiciado pola unión das bandas de rap "Ghamberros" e boa parte de "5 Talegos", ao que posteriormente se uniron tamén breakers e grafiteiros para conformar a crew. Caracterizados polos seus ritmos potentes e as letras en galego, fixeron a súa estrea con Xénese no 2006, que os fixo coñecidos en todo o país e que se converteu no primeiro disco de rap en galego da historia. O traballo foi gravado no estudio Rapapoulo.
En 2011, e da man de BOA, publican Humanose, traballo para o que contaron, -tanto na gravación coma na xira posterior no verán dese ano-, coa colaboración dos Machina. A banda de Ordes volveu sorprender, nomeadamente no directo, pois a contundencia de Machina elevou a potencia de Dios Ke Te Crew, nunha colaboración entre bandas de metal e hip hop novedosa no país mais xa ensaiada en varias ocasións, quizais por vez primeira nos USA co Bring the noise dos Public Enemy e os Anthrax xusto 20 anos antes.
Ao vivo no Sons da Lameira 2012, en Matamá (Vigo). Acompañados por banda pero xa non os Machina.
No 2013, coincidindo co décimo aniversario da banda, publican o MAXI Single Dez, que contén 2 temas novos que remataron por ser os derradeiros da primeira etapa do grupo.
Os Dios Ke Te Crew pasaron 5 anos sen publicar temas novos nin dar concertos e cos seus integrantes, os mc's Sokram, García, Mou e Jamas e mais o Dj Murdock, implicados noutros proxectos até que no 2018 anuncian a saída de García Mc do grupo e publican en decembro Silencio, o videoclip adianto do cuarto traballo de estudio dos de Ordes, O Ciclo da Serpe, que foi publicado no 2019.
No Festival da Poesía do Condado do 2019
Accede á zona de descarga de DKTC
O Ciclo da Serpe (2019)
Dez (2013)
Humanose (2011)
Xénese (2006)