A través de quepasanacosta.com coñecemos os 10 festivais que se van celebrar nas comarcas máis occidentais da provincia da Coruña. Loitando contra a ditadura da verbena cun abano de propostas variadas. Do folk á electrónica. Do hip-hop ao indie. Unha axenda completiña que cobre practicamente todas as fins de semana do verán e ademais practicamente sen solapamentos entre uns festivais e outros. Así que se algún ou algunha valente se atreve con todo que avise!!

O diario dixital da Costa da Morte, quepasanacosta.com, e xente de diversas asociacións e festivais da zona están atrás da Axenda Sonora da Costa da Morte, un punto de encontro no facebook onde os e as festivaleiras poidan atopar información sobre estes festivais. Polo de agora, preséntanse en sociedade cos 10 festivais xa confirmados para este verán, á espera do que aconteza con algún outro. Variedade e calidade para alén do mainstream.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.