Mudanzas climáticas á parte, a Candeloria riu e o inverno está a vir...en pleno xullo!! Pero iso non é nada para os e as afoutas festivaleiras do noso país. Iso si, sede precavidos e metede un parauguiñas e/ou un chuvasqueiro na equipaxe festivaleira desta fin de semana, por se o hai que usar. E montade ben as tendas, que despois se chove toca o dobre teito co de dentro e acabamos pingando...Bromas a un lado, aquí tedes as previsións meteorolóxicas para varios dos festivais desta fin de semana.

Previsión para o Festival Río Castro, en Naraío, comarca de Ferrolterra: http://www.windguru.cz/gl/RIOCASTRO

Previsión para o Festival Asalto ao Castelo, en Vimianzo, nas Terras de Soneira: http://www.windguru.cz/gl/ASALTOAOCASTELO

Previsión para o Sons da Lameira, en Matamá, Vigo. Tamén válida para o Arde Rande: http://www.windguru.cz/gl/SONSDALAMEIRA

Previsión para o Música na Noite en Calo, comarca de Compostela: http://www.windguru.cz/gl/MUSICANANOITE



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.