O pasado sábado 7 de xullo, a Asociación Cultural Deskarga Furtiva presentou no Salason de Cangas a segunda edición do festival A Chorar a Cangas. O festival, que se celebra o día 14, busca consolidarse dentro das citas veraniegas da comarca, que tras a desaparación de históricos festivais como o Festichan ou a Noite do Trasno fica só co Son Rías Baixas, -de pago-, e a Festa Folc de Vilariño como referentes senlleiros. Nesta edición, o festival cangueiro ha contar coa participación de Falperrys, Malas Pulgas, O Neto de Manoel e os navarros Zopilotes Txirriaos. Vídeo da presentación no interior do artigo.

Esta segunda edición cambiará a súa ubicación, pasando a se celebrar detrás da casa do concello, e contará con actividades xa desde a mañá, cunha sesión vermú amenizada polo grupo tradicional Darrente a Parede e o celtic punk dos Bastards on Parade. A entrada será de 3€ con consumición mínima incluída.





Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.