Os gañadores compartirán o cartel oficial e o escenario principal do Festival con bandas internacionais e nacionais de renome e optarán a premios en metálico por valor de 1.500 euros, máis a posibilidade de gravar unha maqueta na Radio Galega e de participar nun programa da TVG. O prazo para presentar propostas comeza hoxe mesmo e remata o próximo xoves, día 18. O público elixirá os finalistas e un xurado composto por produtores, críticos, xornalistas e músicos, aos gañadores.


1. QUEN PODE PARTICIPAR?
Poderán participar no I Concurso SonRías (#SRB2013) grupos musicais que traballen algún dos seguintes estilos: rock, mestizaxe, ska-reagge e ritmos urbanos. Todos eles competirán polo mesmo premio, en igualdade de condicións, independentemente do estilo ao que pertenzan as súas propostas.

2. QUE PODEN GAÑAR OS PARTICIPANTES NO CONCURSO?
Os gañadores formarán parte do cartel oficial do Festival SonRías 2013 e gozarán dunha ampla difusión en medios e redes. Actuarán no escenario Troula na Banda, que compartirán co resto de artistas do cartel. Ademais, todos os participantes admitidos a concurso poderán beneficiarse da difusión do seu traballo na Radio Galega e a través das canles de comunicación do Festival.

3. NON HAI PREMIO EN METÁLICO? CANTO PODEN GAÑAR?
A Organización do SonRías Baixas pagaralles aos gañadores a seguinte contraprestación económica, pola súa participación no Festival:
Premio SonRías Baixas – 1000 euros
Premio Son Radio Galega – 500 euros. Este premio conta tamén coas seguintes vantaxes engadidas: gravación dunha maqueta nos estudios da Radio Galega e actuación nun programa da Televisión de Galicia.

4. COMO SE DECIDE QUE GRUPO GAÑA CADA PREMIO?
Unha vez inscritos os participantes, un comité de selección descartará aquelas propostas que incumpran as bases, non gocen dunha mínima calidade artística e musical ou trasmitan mensaxes que se consideren prexudiciais para os intereses do propio concurso.

+ Info na web do SonRías. Lembrade que o prazo remata o 18 de abril.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.