O Resurrection Fest confirmou hoxe o seu cartaz (case) definitivo para a edición de este ano. A falta das últimas 4 bandas, os galegos  afincados en Santiago Mutant Squad pisarán o mesmo escenario que grandes bandas de nivel internacional. Xunto a eles hoxe confirmouse un icono do thrash metal coma Megadeth, a banda do ex componente de Metallica Dave Mustaine os cales serán uns dos cabezas do cartel  de esta edición.


Non debemos esquecer que por Viveiro tamén pasarán Lagwagon,  Carcass, Judge, High On Fire, Architects, The Ocean, Angelus Apatrida, Vildhjarta, Backtrack, Heart in Hand, Hyde Abbey, Childrain, Acid Mess o Anal Hard.
Esta posiblemente sexa a mellor edición ata a data como xa anunciaba a organización pero por se algún tiñan dúbidas só hai que ver o cartaz deste ano.



Xunto as 16 bandas confirmadas hoxe non hai que esquecer que tamén pisarán o escenario do Resurrection Fest 2014 outras coma Turbonegro, Down, Gojira, Ignite, Kreator, Suffocation, Raised Fist, Red Fang, Converge, Caliban, The Real Mckenzies, Bury Tomorrow, GBH ou Death Before Dishonor.
Así o Resurrection Fest cerra o 97% do cartel, mais de 70 bandas do mellor metal/punk/hadcore a nivel internacional e nacional e milleiros de actividades, os días 31 de xullo,1 e 2 de agosto nun recinto envidiable e por un prezo de 70€ máis gastos de distribución.
Máis info na súa web resurrectionfest.es


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.