O Resurrection Fest pasa por ser o mellor festival de metal e hard-rock da Península Ibérica. En apenas 9 edicións, o festival deu colocado Viveiro no mapa mundial metaleiro, cun cartaz que adoita traer as mellores bandas mundiais dese estilo e que tamén lles fai un oco ás bandas do país. Aínda faltan 25 confirmacións para a edición deste ano, entre as que se encontran precisamente as galegas.


Despois de que xa na edición do ano pasado confirmasen os californianos NoFX como cabeza de cartel para esta novena edición, o  Resurrection Fest xa está rematando de confirmar as 74 bandas que formarán este cartel final do 2014.
A falta das 25 últimas formacións por pechar, as confirmacións inclúen bandas coma Amon Amarth, Turbonegro, DOWN, Red Fang, Texas In July, Testament, Gojira, Ignite, I wrestle da bear once, Discharge, A Wilhelm Scream, Death Before Dishonor, GBH, Bury Tomorrow, Suffocation, Raised Fist e Kreator. O mellor do panorama mundial visitará a vila de Viveiro para deleitarnos co mellor punk/hardcore/metal na nosa terra os días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto. E tampouco podemos esquecernos de bandas como Sick of It All, Converge, Caliban ou os canadenses The Real Mckenzies que viron crecer o festival dende os seus inicios.
Este ano como novidades a organización dispón de zona de acampada o lado do recinto de concertos  e a posibilidade de participar mediante a súa web e así darlle nome a dous dos seus tres escenarios. Como cada ano o Resurrection Fest non deixará a ninguén insatisfeito, a falta das últimas confirmacións esta será unha das mellores edicións, e como non, o público asistente non so poderá gozar de estas grandes bandas senón de unha chea de actividades como xa é costume, e unha organización envidiable, por algo o ano pasado acudiron máis de 30.000 persoas.
Para máis información podedes entrar na súa web: resurrectionfest.es.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.