Quedan uns días para que comece o San Froilán. Durante 10 días, Lugo será a capital festeira e musical do país. Haberá moitísima música; desde a abertura, o día 3 co Festival de Noso que levará até a cidade ao Sonoro Maxín e Familia Caamagno, até os concertos de Susana Seivane e Murajazz Big Band o domingo 12 que fecharán a programación. E sobre todo, vai haber moita festa na rúa, con pasarrúas decote pola zona dos viños a cargo de formación tradicionais - Madia Leva, Devandoira,...- ou outras como a Fanfarria Taquikardia ou o Bloquinho de Xermolos. E moito máis: Sés, Marful, Festiclown, música clásica, jazz,...
Festival de Noso
Familia Caamagno e O Sonoro Maxín, o venres ás 10 da noite nos Xardíns do Museo, prenderán a isca. O Festival do Noso, organizado pola AC Cultura do País, volve ser o comezo dun San Froilán que tamén aposta pola música do país na programación oficial. Así, Sés o sábado 4, Cé Orquestra Pantasma o luns 6, Marful o mércores 8, a Magnifique Band dos Homes sen Medo o xoves 9 ou Arrythmia o venres 10 están presentes nun programa que pecha con Susana Seivane e Murajazz Big Band o domingo. E todos os días, música na zona dos viños e no Campo Castelo, con máis dunha vintena de formacións variadas -a maioría tradicionais- animando a sesión vermú e as tardiñas.
Fixémoslle unha peneira á amplísima programación do San Froilán 2014. Moita música, actividades para a rapazada, etc.
SÁBADO 4
- 11:00 h.
VI Desfile de Gando San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Grupo acompañante: Sarabela folk.
- 13:00 h.
Actuación de Airiños do Neira no Campo Castelo.
- 13:15 h.
Concerto de Batital na praza de Santa María.
- 13:30 h.
Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo e a zona dos viños.
- 14:00 h.
Pasarrúas da charanga Amigos de Manolo pola zona dos viños.
- 16:30 h.
Concerto da Banda Filharmónica de Lugo na praza Maior.
- 17:00 h.
Festiclown 2014: Código Morsa no Campo Castelo.
- 18:00 h.
Concerto da Escola Fábrica de Sons na praza da Soidade.
- 18:30 h.
Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María.
- 19:00 h.
Festiclown 2014: Código Morsa no Campo Castelo.
- 19:30 h.
Pasarrúas da charanga Excusa por Recatelo e a zona dos viños.
- 20:00 h.
Pasarrúas dos Xílgaros de Lugo pola praza de Comandante Manso e o Campo Castelo.
- 21:00 h.
Pasarrúas de Andaina pola zona dos viños.
- 21:30 h.
Concerto de Les Tambours du Bronx na praza Horta do Seminario.
- 22:30 h.
Pasarrúas da Charanga Támega pola zona dos viños.
- 23:00 h.
Pasarrúas da Fanfarria Taquikardia polo Campo Castelo.
- 23:00 h.
Concerto de Sés no patio do Seminario.
- 23:30 h.
Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.
- 00:00 h.
Concerto de Carta de Ajuste no Campo Castelo.
- 01:00 h.
Pasarrúas da Fanfarria Taquikardia pola zona dos viños.
DOMINGO 5 // DÍA DE SAN FROILÁN
- 13:00 h.
Actuación de Airiños de Orbazai na Feira de Artesanía e Gastronomía.
- 13:15 h.
Concerto de Odaiko Percussión Group, coa Banda Municipal de Lugo, na praza de Santa María
- 14:00 h.
Actuación de Airiños da Freba na praza do Campo.
- 17:00 h.
Actuación do Mago Rafa na porta de Santiago.
- 17:30 h.
Actuación de Volta do Agro na praza Maior.
- 18:00 h.
Karaoke infantil coa Duendeneta na praza da Soidade.
- 19:00 h.
Festiclown 2014: Actuación de Circo Chosco no Campo Castelo.
- 19:30 h.
Actuación de Arrincadeira, con cabezudos, na praza Maior.
- 20:00 h.
Pasarrúas da charanga Madia Leva por Recatelo e a zona dos viños.
- 21:00 h.
Concerto de Kase.O & Jazz Magnetism na praza Horta do Seminario.
- 21:00 h.
Pasarrúas de Reviravolta pola praza Maior e a zona dos viños.
- 21:30 h.
Concerto de Lucía Pérez na praza de Santa María.
- 22:00 h.
Pasarrúas da charanga DGT polo Campo Castelo.
- 22:30 h.
Pasarrúas da charanga Malo Será pola zona dos viños.
- 23:15 h.
Concerto de Cats & Monkeys no patio do Seminario.
- 23:30 h.
Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.
- 00:00 h.
Pasarrúas da charanga DGT pola zona dos viños.
LUNS 6 //
- 12:30 h.
Música clásica para nenas e nenos, coa Orquestra dos Sete Mares, na praza de Santa María.
- 13:15 h.
Pasarrúas de Folquiada pola porta de San Pedro, praza do Cantiño, Campo Castelo e a praza da Constitución.
- 13:30 h.
Festiclown 2014: Cé Orquestra Pantasma, na praza do Campo.
- 14:00 h.
Pasarrúas de Eudemónicas pola zona dos viños.
- 17:00 h.
Festiclown 2014: Cé Orquestra Pantasma, no quiosco da praza Maior.
- 18:00 h.
Concerto para nenas e nenos de Alondra Bentley no patio do Seminario.
- 19:00 h.
Pasarrúas da banda de gaitas Devandoira pola rúa da Raíña e a praza Maior.
- 19:30 h.
Festiclown 2014: Cé Orquestra Pantasma no Campo Castelo.
- 20:00 h.
Concerto de Ara Malikian na praza de Santa María.
- 22:30 h.
Concerto de Foolmakers no patio do Seminario.
MARTES 7 // DÍA DOS MAIORES
- 13:00 h.
Concerto da Banda Municipal de Lugo (repertorio de zarzuela) no quiosco da praza Maior.
- 20:30 h.
Pasarrúas dos Xílgaros de Lugo pola zona dos viños.
- 21:00 h.
Actuación de Eudemónicas no Campo Castelo.
- 21:30 h.
Concerto da Gallaecia Big Band na praza de Santa María.
- 22:00 h.
Concerto de Guerrera no patio do Seminario.
- 22:30 h.
Foliada do Colectivo A.L.A.S. na praza da Soidade.
MÉRCORES 8
- 13:00 h.
Festiclown 2014: Peter Punk na praza Maior.
- 18:00 h.
Actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona na praza da Soidade.
- 18:30 h.
Actuación de Gemola, a contadora de contos que máis mola, na praza do Castiñeiro.
- 19:00 h.
Festiclown 2014: Peter Punk no Campo Castelo.
- 20:00 h.
Concertos de Mythical Fail, Galiryon e aRo, da Asociación Lugo Rock, no patio do Seminario.
- 20:30 h.
Pasarrúas dos Cantareiros das Regas por Recatelo e a zona dos viños.
- 21:00 h.
Concerto de Marful na praza de Santa María.
- 22:30 h.
Actuación de Airiños da Freba na praza do Campo.
- 22:30 h.
Noite latina con El Combo Dominicano na praza Maior .
- 23:00 h.
Concerto de Carta de Ajuste na praza da Soidade.
XOVES 9
- 13:00 h.
Acrobacias aéreas coa Troupe Sky na praza Maior.
- 17:00 h.
Inicio do IX SANFROIDANCE na praza de Santa María. Mr. Paradaise (17.00 h.), Alex Nite (17.45 h.), Beroots (18.45 h.), Truequedart (20.00 h.), Eme Dj (21.15 h.), Drumlazers (22.45 h.), Dirty Honkers (23.45 h.), Dj2d2 (01.15 h.). www.sanfroidance.com
- 17:00 h.
Maxia Verde, polo Mago Teto, no Mercado Municipal.
- 18:00 h.
Acrobacias aéreas coa Troupe Sky na praza Maior.
- 18:30 h.
Actuación das Bruxiñas, de Enigma na praza da Milagrosa.
- 19:30 h.
Festiclown 2014: Roi Sixto, no Campo Castelo.
- 20:30 h.
Pasarrúas de Reviravolta pola zona dos viños.
- 21:00 h.
Concerto de En Clave de Fado no patio do Seminario.
- 22:15 h.
Festiclown 2014: Dous son Compañía, na zona dos viños.
- 22:30 h.
Pasarrúas da Magnifique Bande dos Homes sen Medo pola zona dos viños.
- 23:30 h.
Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.
- 00:30 h.
Pasarrúas da Magnifique Bande dos Homes sen Medo pola zona dos viños.
VENRES 10
- 13:00 h.
Festiclown 2014: Djuggleddy na praza Maior.
- 17:30 h.
Festa Xogueteira, da Asoc. Socio-Educativa Antonio Gandoy, no patio do Seminario.
- 17:30 h.
Concerto da Banda Municipal Xuvenil de Rábade e Begonte na praza Maior.
- 18:00 h.
Karaoke Infantil coa Duendeneta no Campo Castelo.
- 19:00 h.
Festiclown 2014: Djuggleddy na praza Maior.
- 20:00 h.
Concertos de Last Way, Arrythmia, Rockatansky Brothers, Oceans Garden, Barbarian Prophecies e Kalte Sonne, da Asociación Lugo Rock, na praza de Santa María.
- 20:30 h.
Pasarrúas da charanga Charanga Mekánika pola praza Maior e a zona dos viños.
- 21:00 h.
Pasarrúas de Caivanca por Lopo Lías, Montero Ríos, praza Comandante Manso e o Campo Castelo.
- 21:30 h.
Concerto da Orquesta Buena Vista Social Club na praza Horta do Seminario.
- 22:30 h.
Sesión disco coa Duendeneta no Campo Castelo.
- 23:30 h.
Concerto de The pie Lands no patio do Seminario.
- 00:00 h.
Pasarrúas da Charanga Mekánika pola zona dos viños.
- 01:00 h.
Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.
SÁBADO 11 // DÍA DO FERROL
- 12:00 h.
Concerto de Petit Pop no patio do Seminario.
- 12:30 h.
Concerto de Devandoira Banda de Gaitas na praza de Santa María.
- 13:30 h.
Sesión vermú dos Festicultores na praza do Campo.
- 16:30 h.
Xogos populares en familia, de Enigma Eventos, no patio do Seminario.
- 17:00 h.
O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro. Ata as 21.00 h.
- 18:00 h.
XII Festival de Cultura Tradicional, organizado pola Asoc. Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María.
- 19:00 h.
Festiclown 2014: Mundo Mandarina no Campo Castelo.
- 19:30 h.
Pasarrúas da charanga Arde Yu-Ku por Recatelo, a Tinería e a zona de viños.
- 21:00 h.
Pasarrúas da charanga Malo Será por San Roque e a praza do Rei.
- 21:30 h.
Pasarrúas de Pelexo de Ghaita pola zona dos viños.
- 22:30 h.
Pasarrúas do Bloquinho de Xermolos pola zona dos viños.
- 23:30 h.
Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.
- 00:00 h.
Concerto da Funky Style Brass Band na praza de Santa María.
DOMINGO 12 // DOMINGO DAS MOZAS // DÍA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO
- 11:00 h.
XVI Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico.
- 11:00 h.
O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro. Ata as 13.30 h.
- 12:00 h.
Actuación do trovador Crispin D´olot na Feira Medieval.
- 12:00 h.
Recepción na casa do Concello á Asociación do Traxe Galego, de Santiago. Paseo e exhibición ata o parque Rosalía de Castro.
- 12:30 h.
Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Luz Darriba, artista multidisciplinar, e coa participación especial de Susana Seivane.
- 12:30 h.
Misa en latín, con ornamentación da época e cantada polo Orfeón Lucense, na igrexa de San Francisco (parroquia de San Pedro).
- 12:30 h.
Concerto da Banda Municipal de Lugo no quiosco da praza Maior.
- 13:30 h.
Os Cegos no Camiño Primitivo (actuación de romanceiros na rúa). Romanceiros: Grupo Tundal, Carlos do Viso, Grupo Tradescola, Maese Seis Dedos, Mini e Mero.
- 16:30 h.
Xogos tradicionais de Xotramu no patio do Seminario.
- 17:00 h.
O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro. Ata as 21.00 h.
- 17:30 h.
XVI Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico.
- 18:00 h.
Concerto de música medieval de Alexandre Savchuka (viola) e Natalia Bilenko (violín) na capela de San Froilán, na Catedral.
- 18:00 h.
Actuación do trovador Crispin D´olot na Feira Medieval.
- 18:30 h.
Concerto de Ioana Pérez na praza da Milagrosa.
- 19:00 h.
Os Cegos no Camiño Primitivo.
- 19:30 h.
Pasarrúas da Escola Perkusiona & Batería do Cariño pola praza Comandante Manso, porta de San Pedro, Campo Castelo, praza Maior e a zona dos viños.
- 21:00 h.
Concerto de Susana Seivane na praza Horta do Seminario.
- 22:30 h.
Concerto da Murajazz Big Band no patio do Seminario.
Fotos: Xabicas ou tiradas dos website dos grupos{fcomments}