A Candeloria xa adiantou parte do cartaz da súa segunda edición, que se celebrará o 27 e 28 de febreiro do vindeiro ano en Lugo. O cartaz aínda non está pechado, pero polo de agora xa sabemos que Ruxe-Ruxe, Arrhythmia, Terbutalina e Liviao de Marrao, para alén dos españois Los Chikos del Maíz e Habeas Corpus, pasarán pola cidade do San Froilán. Á falta das últimas confirmacións, a Candeloria aposta nesta segunda edición por un gran cartaz, co melloriño da música do país e o engadido dalgunha moi boa banda foránea.


Cartaz de luxo para este festival que pretende converterse nunha referencia do circuíto festivaleiro galego, nomeadamente no inverno, onde as propostas desta entidade escasean. Seguindo o ronsel marcado historicamente polo Castañazo Rock e seguido despois por outros, ao rematar o verán chega a quenda das comarcas interiores do país, que están a centrar o seu traballo -Garitosis, Rebusca,...- no outono e inverno. Deste xeito, evitan a saturación de festivais e concertos no verán -e na costa- e teñen de certo máis facilidades para levar os grupos ou incluso encaixar no seu cartaz algunha banda de sona que estea a xirar pola península na altura.

Ademais, e até o 15 de novembro, os bonos para os 2 días están á venda por 10 euros en Ticketea.

Ruxe-Ruxe, Arrhythmia, Terbutalina e Liviao de Marrao, Los Chikos del Maíz, Habeas Corpus,... Á espera de que pechen o cartaz e dean máis información -andade atent@s ao seu facebook-, quedamos cunha das bandas desta edición. Os Arrhythmia, que tocarán na casa.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.