O festival A Candeloria vén de anunciar as bases para o Certame de Curtas e Videoclips e para o Concurso de Cantos de Taberna. Aparte dos 10 grupos xa anunciados para o festival, desde a organización pretenden facer actividades paralelas á música e estos dous anuncios son os primeiros exemplos. As demais actividades así como os horarios verán a luz durante as próximas semanas. Consulta polo miúdo as bases dos concursos e anímate a participar!


Aquí podes consultar as BASES PARA O CERTAME DE CURTAS E VIDEOCLIPS e para o CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA. Lembra que no caso das curtas -de até 30  minutos- tes até o 23 de febreiro para mandar a túa proposta, mentres que nos Cantos de Taberna, os equipos -dun máximo de 10 persoas- se poderán anotar até o 26 de febreiro. Máis info no Facebook da Candeloria.

{fcomments}



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.