Estamos apenas a 24 horas do comezo do que vai ser sen dúbida un dos mellores festivais do verán en Galiza, o Revenidas de Vilaxoán. Até a vila mariñeira da Arousa van chegar unha selección dos mellores grupos do país e varios nomes internacionais de sona para colocar de vez Revenidas entre os mellores festivais da península. Familia Caamagno, Nao, Dakidarría, Liska ou Mahones, La Raíz e S.O.J.A farán gozar as asistentes desde mañá venres até o domingo 23 de agosto.

Doce edicións xa de Revenidas, e este ano semella que continúa a progresión dos últimos tempos, cun cartaz cheo de bandas galegas de calidade ás que se xuntan propostas foráneas de moita calidade, algunha delas -Zoo, S.O.J.A.- por vez primeira no país.

A XII Edición da Festa Revenidas está en marcha e a pequena vila mariñeira de Vilagarcía, Vilaxoán expectante antes os miles de visitantes que encherán o vindeiro fin de semana esta festa que une música, actividades para todos os públicos e gastronomía.

Concertos, actividades de balde para todos os públicos, unha gran sardiñada popular e unha Gala Solidaria de Circo co Pobo Saharaui constitúen a máis completa, ambiciosa e internacional das propostas relizadas nas doce eidición deste festival.

En total 26 concertos con bandas de diversas procedencias (Galiza, Euskal Herria, España, Canadá, Italia e Estados Unidos) e estilos (reggae, ska, rock, garage, punk, pop, electrónica, balcánica, swing, folque, pop, hardcore, rap e hip hop). Entre os artistas presentes destacan os americanos S.O.J.A. varias veces nominados aos Gramy polos seus traballo e traxectoria que xa son un referente mundial do reggae. Será a primeira vez que están en Galicia. Banda Bassotti, La Raíz, Heredeiros, Los Chikos del Maíz, Zoo, Familia Caamagno, The Mahones, Terbutalina, Nao, Dakidarría ou Swindigentes, son algunhas das bandas que pasarán polos escenarios do porto de Vilaxoán. O festival conta con dúas zonas de camping de balde para aquelas persoas que dispoñan dun bono, cuxo venda por internet estará aberta ata a noite de hoxe xoves dende a web do festival. A oferta do festival complétase coa Feira Revenida, na que a creatividade, artesanía e talento únense para achegar unha oferta da innovación actual en Galiza.

Para ir abrindo boca, bótalle un ollo aos especiais que gravamos o ano pasado no Revenidas

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.