Xa se coñece a distribución por días das bandas participantes na primeira edición deste evento. Mañá venres 2 de outubro e o sábado 3, pasarán polo recinto das Naves de Ojea na vila do Morrazo un feixe de bandas locais, dez concretamente, de diferentes estilos. Haberá unha barra solidaria con ACNUR, para recadar fondos para os refuxiados.

Tras a reunión celebrada o pasado sábado, preséntase o cartaz definitivo por días, e avánzanse detalles do Plan Estratéxico. Ademais, comunicóuselles aos grupos que se realizará a gravación dos concertos para entregárllela aos artistas.

O MusiCangas 2015 celebrou a súa primeira reunión na Casa da Xuventude de Cangas o pasado sábado. A xuntanza foi conducida polo concelleiro de mocidade, Andrés García, por parte do Concello de Cangas, apoiado polos responsables da produción do evento, e contou con representantes das 10 formacións que participarán nesta edición. Esta primeira toma de contacto facilitou presentar o programa ante os seus principais beneficiarios, e comezar un debate no que se aclararon as distintas inquedanzas xurdidas.

 Os artistas mostráronse gratamente sorprendidos polo deseño deste programa, onde desde o primeiro momento se ten en conta as súas opinións e necesidades. Un dos resultados deste encontro foi a distribución por días das actuacións, feita para tentar facilitar a participación de todos os grupos. Ademais, realizarase a gravación dos directos dos grupos en alta calidade, dotando os artistas dun material moi útil e valioso

 A distribución final por días é a seguinte:

Dentro do Plan Estratéxico no que se está a traballar contémplase desenvolver distintas liñas de colaboración con outras entidades, polo que Andrés García sinala que "se analizarán as posibilidades de traballar con Concellos coma Bueu ou Moaña entre outros, para que poidamos atopar as sinerxias que poidan existir, ampliando así os artistas beneficiarios, ou promovendo que artistas de Cangas toquen en Bueu e viceversa, por exemplo"

Compoñentes das bandas participantes co concelleiro Andrés García

MusiCangas terá lugar no recinto das Naves de Ojea durante os días 2 e 3 de outubro de 2015, a partir das 21:00 horas,  e contará coa participación de 10 formacións musicais. Ademais, a barra do MusiCangas que funcionará durante os concertos será solidaria, en virtud do acordo con ACNUR, polo que desde a organización convidan todos os asistentes a colaborar nestes tempos en que cada xesto conta.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.