Os Jinetes del Trópico son unha banda de recente creación formada por xente de Colectivo Bomba, Millo ou Eskizofrenia entre outros. Están a organizar o seu primeiro festival, totalmente autoproducido, coa axuda do SalaSon de Cangas. A cita é o vindeiro sábado 10, na sala cangueira, con Super Oito, Lost in Life, Millo e os propios Jinetes sobre o escenario.
Nace a primeira edición do "Tropic Festival" , un evento que se levará a cabo na Sala Son de Cangas do Morrazo. producido por "Los Jinetes del Trópico" ten coma principal obxectivo a promoción e apoio da música creada en Galiza.
As bandas que integran esta primeira edición son:
➨ SUPEROITO (Punk Rock)
➨ LOST IN LIFE (Pop)
➨ MILLO (Punk Rock)
➨ LOS JINETES DEL TRÓPICO (Mestizaxe)
As entradas están á venda a prezo reducido (6 euros) AQUÍ (SEN GASTOS DE XESTIÓN), e poderanse mercar ata o 09/10. Na taquilla o prezo da entrada será de 8 euros.
O Tropic Festival dará comezo ás 22.00h na Sala Son de Cangas.
{fcomments}