O 19 de marzo chega a Festa da Chuvia. Interportuaria e diferente, a Festa da Chuvia é unha rareza entre os festivais galegos. A xoldra ármase abordo dun barco que este ano fará porto en Ribeira e Rianxo e no que actuarán Quempallou, A Magnifique Band dos Homes sen Medo ou The Dog Rose. Por 40€ pódeste enrolar e asistir aos concertos no barco ademais de ter comida e bebida abordo.
A cabesinha non para, como dicía o outro, e as dos argallantes da Festa da Chuvia aínda menos. Despois de ter feito itinerante a festa noutras ocasións, cun bus que foi facendo parada nas distintas parroquias de Ribeira, este xa é, se non nos enganamos, o terceiro ano en que a Festa da Chuva vai polo mar. E non desbotedes que a cousa acabe no aire. Tentativas xa houbo, pero semella que haberá que agardar até o 2017. Porén, a propostas marítima deste ano é ben interesante. Só hai que ver os cartaces, con actividades en Ribeira, onde se embarcará de mañá o sábado 19, para volver á noite aos concertos "en terra".
Pero tamén en Rianxo, onde fará escala o barco contra o mediodía do sábado, na que sen dúbida é a primeira festa interportuaria galega.
Non o dubidedes. Xa hai unhas duascentas entradas vendidas mais a capacidade ampliouse até as 270 prazas, polo que aínda estades a tempo de vos enrolar nesta aventura. O Xurxo Souto de mestre de cerimonias e Quempallou, a Magnifique Band, Circo Pista 4, The Dog Roses, Mad Martíns e a Punkestra Chumeiras serán os peixes que caian no aparello este sábado. Ven botarlle un lanse na ría de Arousa, non te arrepentirás. Nesta ligazón podesdes RESERVAR ENTRADA.
{fcomments}