O festival independente de música alternativa, Esmorga Fest, que xurdiu coa celebración dun aniversario, chega á súa 3ª edición, que terá lugar o o 11 de marzo do 2017 en Sarria, Lugo. Triangulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Paus, Músculo ou Voltem -confirmados onte- entre as bandas que estarán en Sarria.
O cartel encabézano bandas como Triángulo de Amor Bizarro, que virá a Sarria dentro da súa xira de presentación de Salve Discordia, acompañados por grupos como Nueva Vulcano, Equations, Paus, Músculo e mais Aries. Ata o mes de marzo seguiranse confirmando grupos ata chegar aos 10 que nos farán gozar no Esmorga, en horario de tarde no centro de Sarria e xa na Sala Litmar en horario nocturno.
O 1 de decembro puxéronse á venda as primeiras entradas, que agora mesmo están a un prezo de 12€. Agárdase unha afluencia de público de preto dos 1.000 asistentes.
{fcomments}