Este sábado comeza o IV Concurso de Bandas Rock in Río Tea, ás 00.30h, na sala de concertos JJ Copas. Oito bandas (cinco galegas e tres doutras partes do estado) defenderán sobre o escenario os seus repertorios dende o 4 de febreiro ata o 22 de abril, día da gran final. Os espectadores decidirán co seu voto que grupo pasa en cada fase e cal deles se fai co premio de 1.000 euros máis un lugar do próximo festival Rock in Río Tea.

Este sábado, 4 de febreiro (00.30H), comeza no JJ Copas de Ponteareas o IV Concurso de Bandas Rock in Río Tea. A desta fin de semana será a primeira de sete xornadas de Rock and Roll, nas que os espectadores decidirán cal das oito bandas seleccionadas merece facerse co premio de 1.000 euros e a posibilidade de formas parte do carte do festival Rock in Río Tea 2017. Foron 84 os grupos de todo o territorio estatal os que presentaron as súas credenciais para ter un oco no escenario do JJ Copas e optar a ser os gañadores do IV Concurso de Bandas Rock in Río Tea. De todas elas, a organización do Rock in Río Tea escolleu ás oito que “pensamos que máis van gustar á xente que acuda ao JJ Copas”. Serán Dreams of Dolly Sheep (Vigo), Wonderlust Kings (Vigo), The Grave Dolls (Pontevedra), Johnny Cat & the Poor Dogs (Ribadavia), Morgen (A Coruña), S.E.X. (Madrid), Las Cheerleaders Asesinas (Madrid) e Stinkis (Sevilla).

Unha delas será a que leve os 1.000 euros do primeiro premio do Concurso e estará no V festival Rock in Río Tea. Cal delas decidirano os espectadores que ocupen o JJ Copas cada sábado, dende este 4 febreiro ata o 22 de abril, día da gran final. Sete sábados de Rock & Roll abertas a todo o público de balde. “O calor que desprende o público en cada xornada de certame chega aos músicos, que dan sempre algo máis do 100%”, din os organizadores. “A iso súmanse algunha sorpresas, como sorteos de bos regalos, o que fai que a festa sexa completa”. Dende a organización, ademais, animan a todos os amantes do Rock a non perderse ningunha das xornadas do Concurso. “Non sabes que é un gran concerto de Rock & Roll se nunca estiveches no Concurso de Bandas Rock in Río Tea”.

FOTO: Rock in Río Tea

{fcomments}


AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.