Non é ningún descubrimento o potencial da música do país e se a isto lle sumamos a calidade do audiovisual galego temos traballos que non senten envexa ninguna do que se fai fóra. Aquí vos queda a playlist con todos os videoclips finalistas desta XIV edición.

A cantidade de videoclips de grupos da terra que vos traemos cada semana é unha boa mostra disto, hai capaciade creativa e está ben demostrado. O Festival de Cans pechou xa o prazo de recepción de videoclips a concurso para esta XIV edición de 2017 o domingo 5 de marzo.

Aquí vos queda a playlist dos finalistas que poderedes votar o vindeiro xoves ás 22:00h na Noite GÍA dos Videoclips presentada por Marta Gómez (Zig-Zag), na Praza do Concello do Porriño.

Haberá un premio do xurado composto por Manu Viqueira, Marta Gómez, Marta Larralde e Judas Diz e un premio do público que decidirán ás asistentes mediante papeleta.

Premio do xurado ao Mellor Videoclip: 500€ e Can de Pedra.

Premio do público ao Mellor Videoclip: 300€ e Can de Pedra.

Non volo perdades! {fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.