Mañá GZmúsica non será accesíbel na rede. As persoas que facemos este webzine apoiamos a convocatoria de folga xeral programada para o mércores 14 de novembro polas grandes centrais sindicais estatais ou galegas, secundada tamén por outros sindicatos de menor presenza mediática pero de igual ou maior importancia na representación das traballadoras e traballadores e na loita polos seus dereitos. Por que facemos folga? Pois pola perda destes dereitos loitados na rúa polos nosos pais/nais e avós, polo saqueo sen precedentes que un día si e outro tamén sofre a clase traballadora, pola desaparición paulatina da sanidade pública, da educación, das pensións de xubilación, etc, etc.

Por todo iso e por moito máis, GZmúsica permanecerá "apagada" desde as 00:01h desta mesma noite até as 00:00h da madrugada de mañá mércores. Vémonos nas distintas manifestacións convocadas polos sindicatos en calquera das cidades ou vilas do país. Só na rúa, defendendo entre todas e todos os nosos dereitos poderemos parar esta desfeita.

14-n FOLGA XERAL!

14-n GREVE GERAL!

 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.