O pasado luns 26 botou a andar ARTELIXO 13, un mostra de arte e actitude ao redor do refugallo, o lixo e a reciclaxe que toma as rúas de Redondela até o 6 setembro. Dentro das diversas actividades que se irán desenvolvendo na vila dos viadutos temos un concerto do cantautor punk O Leo Arremecaghoná o vindeiro sábado 31 ás 22h da noite. Porén, non só música, senón un mercadiño, proxeccións de vídeo, etc. completan o programa desta edición da mostra de arte redondelá. No interior do artigo, tedes a programación polo miúdo e o Manifesto Artelixo 2013, lido o día da inauguración da mostra.
Artelixo é unha resposta á fedorenta actitude dos humanos. Artelixo é un berro de rabia e noxo que volve a erguer o puño por segundo ano consecutivo nesta segunda xeración – a do colectivo Senghasoil- que tomara a testemuña do colectivo JOSEFÁ, pioneiros alá polo 1995. ArteLixo volve saír ás rúas porque os problemas de entón persisten hoxe en día. Porque nada cambiou. Porque seguimos de lixo ata os miolos.
Durante 12 días, mostraranse na alameda, e as rúas do centro as intervencións artísticas dos veciños e veciñas de Redondela (e algún que outro artista de fóra interesad@ nesta edición), nadas da súa interpretación do refugallo, cunha postura, as máis das veces, reivindicativa e de protesta. Polo de agora chegaron xa máis de 40 obras, plasmadas nun libriño que se repartirá polas prazas e lugares da vila durante os primeiros días, e que contén o bosquexo enviado polo participante e a súa localización.
A inauguración celebrarouse o día 26 de agosto as 20,30h. na praza do antigo conservatorio, preto da “Rúa do Medio”, e onde se atopan as placas conmemorativas do nacemento, en dous dos edificios presentes alí, de Casto Sampedro e Alejandro Otero. E foi alí porque se vén de descubrir, grazas a unhas investigacións, que nunha das portas do Calellón das Merdas naceu un dos grandes surrealistas do século pasado, e que o seu nome non era Marcel Duchamp, sinon Marcelino Docampo. O colectivo celebrará alí a descuberta dunha placa conmemorativa e procederase a ler o manifesto de apertura do ARTELIXO13. Todo o mundo está invitado.
A partir de aquí, e xa coas obras e intervencións instaladas na rúa, comezarán as actividades, desta edición, que pasamos a enumerar.
31 de agosto
20h. Alameda de Redondela – MERCALIXO: Mercadillo de troco ou venda onde dar una segunda oportunidade aos materiais.
22h. Alameda de Redondela – CONCERTOLIXO: Concerto na Alameda do cantautor galego “O Leo Arremecaghoná”.
1 de setembro
de 17h a medianoite. Palco de Música da Alameda de Redondela – VIDEOLIXO: Mostra de curtas e videos caseiros ao redor dunha aberta definición do concepto de Lixo e a cultura trash.
É tamén unha tarde de cine.
Ás 17 horas, proxección, no interior do palco, dunha película para nenos todavía por concretar.
Ás 19 horas, tamén no palco, proxección de EXIT THROUGH THE GIFT SHOP, unha película dirixida polo artista de rúa británico Banksy.
E a partir das 22h, no exterior da praza do palco, a proxección das curtas recibidas á mostra, que contarán cunha unha última sección golfa, que se desenvolverá cando os nenos se vaian para a casa.
Máis información: www.facebook.com/videolixo
3 de setembro
19h. OBRALIXO. Alameda de Redondela
Obradoiros e xogos na Alameda con materiais de refugallo destinado a os/as máis pequenos/as. Reciclar e Xogar.
6 de setembro
PARNALIXO
Poesia lixo. Intervencións poéticas pola rúas de Redondela. Edición de cadernos papirofléxicos de poemas.
Momentos Poéticos do PARNALIXO ( Performance Poético polas ruas de Redondela ... abertas à participação cidadã )
MARTES 27 de Agosto ... entre as 11'00 e as 12'00 da manhã nos soportais do Concelho ( leremos 2 ou 3 poemas nossos, ou de qualquer outra autoria dentro dum contentor de lixo ... mentras outra pessoa deitará cartão no contentor)
VIERNES 30 de Agosto ... entre as 11'00 e as 12'00 da manhã no Mercado Municipal ( leremos 2 ou 3 poemas nossos, ou de qualquer outra autoria dentro dum contentor de lixo ... mentras outra pessoa deitará cartão no contentor)
MARTES 3 de Setembro ... pola manhã ( entre as 11 e as 12, na Praça da Constituição ) ... pola tarde ( entre as 19'00 e as 20'00 na Praça da Constituição )
VIERNES 6 de Setembro ... Recitado d@s participantes no Caderno, a partir das 20'00 h. no Meixão Frio ...
Eis o MANIFESTO ARTELIXO
Xa hai anos que as “ratas” decidimos voltar ao noso medio natural fedento, pensando que a nosa mensaxe subversiva quedara afianzada nas mentes dos seres que camiñan con dúas patas. Nada máis lonxe
da realidade; dende hai tempo chegábannos ao submudo noticias alarmantes dende o mundo dos estúpidos humanos, que nos facían presaxiar o peor dos escenarios posibles.
O espíritu reivindicativo co que naceu o Artelixo en aquel, xa lonxano, 1995 debe voltar rexurdir dende o máis fondo das cloaquas. Se daquela, un vertedoiro infecto expallaba o seu cheiro polas rúas e prazas de Redondela, no día de hoxe nos atopamos con que, no seu sitio, unha depuradora cheirenta apetrena os pulmóns da vila dos viadutos.
Os gobernantes dos humanos intentan ocultar con falsas políticas lixo-ecolóxicas o problema da merda. As rúas vístense con contentores de coloríns que venden unha reciclaxe inexistente, mentres por detrás se fomenta un consumo máis e máis irracional de todo tipo de productos que non fan outra cousa que xerar toneladas de porcallada.
É por iso que as “ratas” tornamos ao voso mundo, humanos, para encher a vosa vila co noso espíritu artístico e reivindicativo e golpear as vosas conciencias ante un problema que non dades arranxado. A nosa arte non é lucrativa, xurde dos nosos espíritus libres, é espontánea e imaxinativa, e todo iso o facemos coa merda que vós xenerades. O voso estrago ecolóxico, froito dun sistema esquilmador das riquezas do planeta fomenta as nosas potencialidades artísticas.
Esperamos que, desta vez, a nosa mensaxe sexa escoitada, por fin. Sabemos que, de seguir así, xa non haberá outra oportunidade. O voso mundo se transformará nun inmenso vertedoiro, ocupado por novas “ratas” co seu cerebro putrefacto, e o lixo se transformará no seu novo medio natural.
Humanos, quedades avisados.
Viva o Artelixo 2013! Vivan as ratas!
{fcomments}