Con motivo da celebración do CULTURGAL (do 30 de novembro ao 1 de decembro) na cidade de Pontevedra (Pazo da Cultura) donde o TAC presentará a súa proposta do ciclo de concertos por streaming TAC 3.0, o Taller Atlántico Contemporáneo e o Concello de Pontevedra organizan conxuntamente a posta en escea de Eine Brise, obra musical para 111 ciclistas. O número 111 é un homenaxe de Kagel á última sonata para piano de Beethoven, que leva ese número de opus. Dende o TAC están seguros que a cidade de Pontevedra é un marco inmellorable para a realización desta obra.


Calquera persoa interesada en participar (non hai límite de idade mínima nin máxima) só ten que dispor dunha bicicleta con timbre ou bocina e debrá apuntarse no seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (ou do concello se o organizan eles).

A obra dura escasamente uns minutos. Os ciclistas irán nuhna formación determinada polo compositor na partitura e deberán facer unhas poucas accións sonoras ben coa voz ou ben co timbre da bicicleta.

O percorrido exacto anunciarase uns días antes do día do concerto. Este está programado para as 12 da mañán polo que os participantes terán que estar no lugar indicado ás 11 para facer un esnaio xeral., que estará coordinado polo director musical do TAC, Diego García Rodríguez.

Recoméndase ir vestido de branco e negro (en calquera combinación) para que o público capte mellor que somos un grupo de música actuando nun concerto.

Máis info en:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

http://www.tac.gl

{fcomments}