A cooperativa cultural Culturactiva, organizador@s entre outros do Festiclown ou Terractiva, vén de darlle unha volta de parafuso ao proxecto que presentaron o ano pasado, a Verbena Galega. Dirixido a programadores culturais, a Verbena Galega é un combo todo-nun que inclúe son, escenario, grupos, etc. para armar unha festa 100% galega. Para o 2014, volve a verbena de sempre, como nunca a viches...e como a ti che pete! A nova web permite configurar a túa festa con multiples opcións.
A Verbena Galega naceu en 2013. 5 horas de música, cunha formación tradicional e outra de pachanga-rock, máis sesión picadiscos, coa opción de ter un/unha presentadora, actividades de circo, etc. E por riba, produción completa: son, escenario, promoción. 100% música galega, feita con medios do país. Unha idea de Culturactiva que o ano pasado fixo varias paradas ao longo do país e que volve con azos renovados para o 2014.
Culturactiva vén de apresentar a nova web de VerbenaGalega. Nela, ademais da información sobre o proxecto, -grupos participantes, características do equipo de son e do escenario, etc- agora élle posible ao usuario aquelar a verbena con múltiples opcións, -escolla das bandas, actividades paralelas, presentador,etc-.
{fcomments}