O pasado mércores 15 de xaneiro, presentouse no concello de Teo a 1ª edición do Certame de Canción de Autor en galego. Pode participar calquera cantautor/a, independentemente do estilo que practique, sempre que o faga con composicións orixinais e cantadas na nosa lingua. A persoa gañadora poderá gravar un disco de 8 temas nos locais de ensaio do concello, alén de poder dar 5 concertos e de ter paga por un ano a cota da asociación de Músicos ao Vivo. Máis info e link ás bases no interior.


Nun acto celebrado no salón de plenos do concello da bisbarra compostelá, a concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director artístico do Certame, Xoán Curiel, e a integrante do xurado, Uxía Senlle, apresentaronlles aos medios este Certame que busca promocionar as propostas de moitísima calidade que a música galega vén desenvolvendo nos últimos anos. Todo xurdiu, en palabras da propia concelleira, dunha idea de x. Curiel, cantautor moi ligado a Teo, que se fixo posible grazas ao apoio de patrocinadores públicos e privados.

O 5 de abril celebrarase o certame. Tedes un link ás bases na parte final da nova, pero lembrade que o certame vai dirixido a persoas que canten os seus propios temas, acompañadas como moito por outro músico máis.

O Concello de Teo, desde a concellaría de Cultura, organiza o I Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' para promover a creación de música de autor/autora galega e poñela en valor. Os obxectivos principais desta primeira edición son:
• Presentar unha mostra das creacións galegas de autoría propia nun xénero pouco difundido e con poucos espazos para amosar estes traballos. Neste sentido, o director artístico do proxecto, Xoán Curiel, como cantautor e mestre das aulas de guitarra e composición do Concello de Teo detectou, tanto por experiencia propia como vendo o talento -que en Teo e en toda Galicia- agroma, a necesidade de avalar unha proposta novidosa e ilusionante.
• Ofrecer aos /ás cantautoras oportunidades para darse a coñecer e desenvolver a súa carreira artística. Desde a organización sábese das ducias de creadores e creadoras noveis que agardan un espazo no que probar a botar a andar unha aposta profesional no que respecta á música orixinal de autor/a e en galego.
• Ofrecer as persoas participantes a oportunidade de conseguir un material de gravación que apoie á súa estratexia carreira. Neste sentido, o soño discográfico cúmprese. Ao respecto, entrarán en funcionamento a experiencia do director artístico e os medios técnicos postos ao dispór de tal finalidade desde o Concello de Teo.
O feito de ser unha meta lonxana para moitas e moitos compositores e cantautoras/es é un dos motivos que impulsou a posta en marcha deste I Certame, que non se podería ter levado a termo sen o patrocinio do propio Concello de Teo, de Gadis e da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, a colaboración de entidades como Músicos ao Vivo ou a Asociación de Apoio aos músicos noveis Amunoga, entre outras.
Ademais, desde o I Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' queremos escoitar todas as propostas independentemente do seu estilo musical. Teñen cabida tanto o folk, coma o pop, o rock, ou o blues, por nomear só algúns. En definitiva, toda a música feita en galego.
Os e as interesados/as dispoñen dun mail de contacto para realizar as inscricións ou ben achegar todas as dúbidas que lles poidan xurdir sobre o Certame: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Podes ampliar información nesta ligazón ás bases da convocatoria: BASES.

Vídeo de "E ti...Tes fame?", campaña nas redes para promocionar o certame.

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.