O vindeiro sábado 15 de febreiro remata o prazo para presentar propostas ao IV Concurso de grupos galegos Arteficial. A Asociación Arteficial escollerá entre as propostas presentadas cales pasan ao concurso, que consistirá nunha votación na súa web. O gañador actuará no Arteficial 2014, o 15 e 16 de agosto. No interior do artigo podedes ler as bases íntegras.
BASES:
1.-O presente concurso levarase a cabo para ofrecer a posibilidade a grupos musicais non profesionais de que representen as súas propostas durante o “Festival Arteficial 2014”.
2.-A participación no concurso está aberta a tódol@s músic@s tanto de forma individual coma colectiva.
3.-O ámbito delimitase á Comunidade Autónoma Galega e abrangue a participación de formacións de calquera estilo musical.
4.-Tódol@s interesad@s deberán enviar:
• Un CD con contido audiovisual do grupo, ou mandar un enlace con este contido ó noso correo electrónico. O grupo deberá seleccionar un dos seus temas de entre todos os enviados. Este tema deberá ter videoclip/vídeo preparado para poder subir ou ver dende a nosa web e será co que participará na final.
*No caso do CD, o envío farase por correo postal ó seguinte enderezo:
Concello de Ribadavia (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Praza Maior nº1
32400 Ribadavia (Ourense)
*No caso do/s enlace/s, o envío farase por correo electrónico ó seguinte enderezo:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
• O 80% dos temas deberán ser temas propios, tendo en conta que na actuación en directo deberán ser o 100%.
• En ambos casos (maqueta ou link) débese cumprimentar a ficha de inscrición (incluída ao final do presente documento) coa información sobre o grupo: nome,compoñentes, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico…
5.-Os traballos poderanse presentar a partires do 23 de decembro e ata o 15 febreiro, como data límite.
6.-A asociación ARTEFICIAL encargarase de seleccionar de entre tódalas propostas recibidas ós grupos que participarán no concurso.
7.-A selección das bandas premiadas comunicarase por teléfono ou vía e-mail.
8.-O concurso consistirá nunha votación online dende a nosa páxina web www.festivalarteficial.org.
10.-Seleccionarase só a unha banda como gañadora. O gañador será o que máis puntos acade na nosapáxina web.
11.-O premio, consistirá na participación na oitava edición do festival ARTEFICIAL con data de 15 e 16 de Agosto de 2014. Terán unha compensación de 300 € máis gastos de aloxamento e dietas (ata un tope máximo).
13.-A participación dos grupos dentro do concurso, supón a aceptación destas bases, a decisión da banda premiada e de todas as resolucións que a organización teña que tomar.
Ficha inscrición: PDF INSCRICIÓN
{fcomments}