Até 40 bandas se inscribiron no primeiro Concurso Rock in Río Tea. A organización xa escolleu as 8 formacións finalistas que ao longo dos vindeiros sábados irán pasando polo escenario do JJ Copas de Ponteareas para dirimir cal é a vencedora desta primeira edición. Ademais, os organizadores xa teñen o seu "himno oficial", un tema que soará polo Condado e a Paradanta promocionando o seu festival
A resposta das Bandas, tanto en número (40 inscritas) como na calidade do material presentado, superou absolutamente todas as expectativas da organización. Para a elección, que foi unha tarefa "moi dura aínda que gratificante", decidiron que cada un dos membros da asociación daría a súa valoración individual atendendo unicamente aos seus gustos, escoitando absolutamente todo o material entregado por todas as bandas presentadas. O Resultado final é directamente a suma de esas valoracións. Desde Rock in Río Tea queren facer fincapé en que este resultado responde unicamente aos gustos persoais dos membros da organización e é polo tanto subxectiva. Para todos eles foi duro deixar fóra do concurso moitas bandas ben queridas e que lles encantan, pero por desgraza os recursos cos que contan só permiten a participación de 8. A organización quere agradecer unha vez máis a resposta e o interese das bandas inscritas e mandar unha aperta especial a aquelas que non foron seleccionadas. Tamén agradecer ao JJ a liberdade que lles deu para todo este proceso de selección. Esperan que todos disfrutedes no JJ cos concertos que nos agardan, e que compartades a ilusión que puxeron neste proxecto.
Calendario da 1ª Fase:
E aquí o tema feito pola xente de Rock in Río Tea, Sempre queda o rock. A canción oficial do Rock in Río Tea. O tema có que daremos "a brasa" a todo o Condado e Paradanta nos actos relacionados con este festival. Cantado por todos os membros da organización nunha memorable xornada de grabación nos "estudios A Concordia".
{fcomments}