Por sétimo ano consecutivo, a Asociación Cultural Millo Verde organiza o seu concurso de maquetas. Dirixido a formacións que non teñen contrato discográfico ou discos editados, agás as autoedicións. As participantes deben enviar 3 temas antes do 28 de febreiro. O gañador levará 300€ e formará parte do cartaz do Millo Verde 2014.
Como veñen facendo desde o II Festival Alternativo, a asociación Millo Verde organiza o seu concurso de maquetas. O concurso ten o obxectivo de promocionar as bandas galegas e portuguesas noveis, ás que permiten compartir escenario con formacións galegas e internacionais de primeiro nivel na escena alternativa.
A asociación Millo Verde vén traballando desde o 2007 en Redondela pola promoción do patrimonio comunal e cultural. Alén de organizar o Festival Alternativo e o Concurso de Maquetas, o Millo Verde vén realizando moitas outras actividades, entre as que destaca a colaboración no intercambio cultural galego-catalán que supón a foliada de Nou Barris, en Barcelona, e a súa versión galega, que recalou unha vez en Redondela da man de Millo Verde.
+INFO: milloverde.org
{fcomments}