A estrea será mañá mércores 13, ás 22:30h, co programa dedicado ao Festival Reperkusión. Durante 13 semanas, os mellores festivais de música do verán galego darán o salto á pequena pantalla da man de GZmúsica. O programa emitirase inicialmente en Localia Vigo, sintonizable no sur da provincia de Pontevedra na TDT, e en R Televisión, na canle 135, en toda Galiza. Ao longo dos vindeiros días confirmaremos os horarios de emisión nestoutras cadeas locais galegas: Nós TV, Canal Rías Baixas, TeleCoruña e TeleFerrol.

A emisión comeza mañá en Localia Vigo, sintonizable no sur da provincia de Pontevedra na TDT e através de R Televisión en todo o país na canle 135. Porén, nos vindeiros días anunciaremos datas e horarios de emisión en Nós TV, Canal Rías Baixas, TeleCoruña e TeleFerrol que xa confirmaron a emisión do programa. Probablemente máis televisións locais galegas acaben emitindo GZmúsica TV, iremos anunciando tamén futuras confirmacións.Música á esgalla, mais non só iso. En Gzmúsica TV tamén falaremos moito cos protagonistas destes festivais: músic@s, organizador@s e público, para sentir como se vive un festival desde todos os puntos de vista posibles. Este ano Gzmúsica TV terá oco para máis cousas: humor e moitas outras sorpresas que iremos desvelando aos poucos.Despois de emitir no 2013 a primeira temporada de GZmúsica TV, na televisión local de Vigo Vía TV e mais en streamming na rede, o equipo de Borneira Audiovisual e GZmusica.com comezan mañá unha nova aventura televisiva. Ao longo das vindeiras 13 semanas visitaremos da súa man os mellores festivais galegos -Reperkusión, Revenidas, Castelo Rock, Antrospinos,...- para mergullarnos no ambiente festivaleiro do país.

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.