Chantada homenaxea o Bravú. Mañá sábado haberá unha outra homenaxe aos XX anos do Bravú. Mais non vai ser unha cousa calquera. A vila que veu agromar hai vinte anos o movemento Bravú aquela agora un evento para celebrar o vixésimo aniversario dese nacemento "oficial", no Castañazo Rock de 1994. Un feixe de actividades arredor do xérmolo destes 20 anos de rock en galego. Palestras, concertos e até a colocación dunha placa conmemorativa no Caballero de Viana, tasca que acolleu a elaboración do Manifesto de Viana que deu identidade ao movemento.

 O 13 de setembro vaise celebrar o Por Parroquias, un evento cultural que abranguerá actividades de todo tipo, (concertos, exposicións, mesas redondas …), coa finalidade de celebrar o vinte aniversario do nacemento “oficial” do bravú no Castañazo Rock de 1994, co Manifesto de Viana. Precisamente neste lugar do concello chantadino, xunto co lugar de Garabelos, é onde se desenvolverán os actos programados para este evento. A festa comezará xa pola mañá no lugar de Viana con pasarúas, presentación do cartaz da XII edición do Castañazo Rock e homenaxe a Tasca do Caballero, por ter acollido esa xuntanza na que se proclamou o Manifesto de Viana. Despois do xantar, as actividades trasládanse ao lugar de Garabelos, onde se realizarán diferentes palestras, coa participación de persoeiros relacionados co movemento bravú coma Xurxo Souto, Xosé Manuel Pereiro, Alfonso Pato, Alfredo Pardo…. nas que teremos a honra de participar, pois por alí andará o Lavesedo, un dos argallantes de GZmúsica. Tamén nesta sesión vespertina haberá máis actos coma exposicións, proxeccións…. Para rematar a festa, este evento itinerante volve, pola noitiña, ao lugar de Viana cunha pancetada popular e un concurso de “juramentos”. A xornada festiva rematará con música, cos concertos de Malas Herbas e Liviao de Marrao e unha jam session que promete moitas sorpresas. Aquí vos deixamos un vídeo dos compañeiros de Televinte Chantada onde fala un dos organizadores do evento. Saúde e Bravú compañeir@s!


{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.