O cantante dos Diplomáticos Xurxo Souto vén de gañar un Premio Ondas. Os galardóns concedidos pola Cadena SER pasan por ser os de maior prestixio na radio a nivel estatal. O Souto levou o premio á mellor cobertura informativa dentro dos Premios de radio polo seu labor no Ponte nas Ondas, no que participan desde 1995 colexios e radios das dúas beiras do Miño. Os Ondas, que premian programas televisivos, de radio, publicidade ou música a nivel estatal -incluso con varios premios internacionais- apenas deu un premio nas linguas peninsulares distintas do español, o de Souto. Estes foron os 61º Premios Ondas e serán entregados nunha gala que se celebrará no Gran Teatre del Liceu de Barcelona o vindeiro 25 de novembro.



En GZmúsica queremos parabenizar o gañador, home polifacético, escritor, locutor radiofónico, regueifeiro e, coma non, músico e cantante.

O galardón vénlle polo seu traballo no programa PONTE...NAS ONDAS!, unha experiencia educativa que se vén desenvolvendo desde o ano 1995 grazas á cooperación entre escolas de primaria e secundaria da Galiza e o Norte de Portugal, coa participación de centros educativos doutros países. 

Aquí  tedes o Souto, no último GZmúsica TV subido á rede, capitaneando un impresionante  Himno Dorneiro en Ribeira, na Festa da Dorna. (En 1 min 17s)

Medre o mar!

{fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.