GZmúsica TV comeza a emitir en internet a súa 2ª Temporada. 14 programas, gravados en festivais este verán, que iremos subindo semanalmente nos vindeiros 3 meses. Ademais, por vez primeira o noso programa conta con publicidade. Queremos seguir adiante con GZmúsica TV no 2015 e para iso precisamos facer sustentable o proxecto. E niso estamos. Aínda estás a tempo de botar un cabo!!

GZmúsica TV comeza a emisión na rede da súa segunda temporada. Desde hoxe, luns 20 de outubro e durante 14 semanas consecutivas, iremos publicando os programas que estamos a gravar desde o verán. Comezando co Reperkusión, pasando por Zás, Pardiñas, Revenidas ou Vilariño e rematando co Castañazo Rock de Chantada e a Rebusca de Manzaneda, que aínda non se celebraron.


Nesta 2ª temporada, GZmúsica TV terá publicidade

Desde que comezamos o ano pasado o proxecto de GZmúsica TV, levamos visitado 19 festivais ao longo de todo o país. Entrevistamos 60 grupos galegos e 29 estranxeiros nos 28 programas que fixemos. Non é que non o soubésemos de antemán, mais alén de moito traballo facer os programas custa diñeiro. Desprazamentos, gastos de material, aloxamento, etc. Por iso, decidimos incluír publicidade nos 14 programas desta segunda temporada para tentar facer o proxecto minimamente sustentable e chegarmos á terceira temporada en 2015. E tempos que dicir que estamos moi agradecidos á Casa das Crechas e ao Embora de Compostela e á Fonte do Galo, á Meiga e á Cova da Laxe de Cangas por nos ter apoiado xa coa súa publicidade.   
Desde 15€ en adiante, hai opcións de patrocinios ou de inserir publicidade nos nosos programas adaptadas a calquera colectivo ou empresa que queira facer unha achega e apoiar GZmúsica TV. Se estás interesad@, escríbenos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Neste vídeo, a partir das 12h da mañá se youtube quixer, o primeira programa da temporada de GZmúsica TV

{fcomments}



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.