Cambados acolleu a cea na que se fixeron públicos os nomes das propostas finalistas dos Premios Martín Códax. Precisamente foi nas adegas que dan nome ao premio onde se souberon os 54 finalistas, entre os que GZmúsica ten a sorte de estar, na categoría de Espazos de Comunicación, xunto aos compañeiros do Planeta Furancho e Tres Peixes Voando. Para o celebrar, nada mellor que botarlle unha escoita aos grupos que pasaron a esta rolda final.
Xa se desvelaron os nomes dos finalistas dos Premios Martín Códax da música. 54 proxectos escollidos entre os 307 grupos, 14 salas, 21 festivais e 18 medios de comunicación inscritos, que pasan agora á segunda fase, onde as persoas asociadas a Músicas ao Vivo escollerán o gañador en cada unha das 18 modalidades. Nós temos a honra de ser finalistas na categoría de Espazos de Comunicación, ao carón dos amigos do Planeta Furancho e Tres Peixes Voando. Estamos que non o cremos!
Os finalistas fixéronse públicos no transcurso dunha cea na adega Martín Códax, en Cambados. Entre eles, nomes coma Nao, Narf, Pablo Díaz, aCadaCanto, Dakidarría, Machina,...Podes consultar a listaxe completa aquí...ou escoitar un tema ao vivo de cada un dos finalistas nesta playlist: