A asociación ponteareana Rock in Río Tea pon en marcha a segunda edición do Concurso de Bandas que leva o seu nome. A primeira parada terá lugar este sábado 17 de xaneiro, a partir das 00.00h, no pub da mesma vila JJ Copas, escenario do propio Concurso. Alí desvelaranse os nomes das oito bandas que competirán nesta segunda edición. Haberá ademais música da man de Lady Chatarra, unha das formación participantes na edición do ano pasado. O Concurso terá lugar entre o 21 de febreiro e o 11 de abril deste ano.

Nesta primeira data do Concurso de Bandas, que se vai celebrar ao longo dos meses de febreiro, marzo e abril, os que acudan á chamada do Rock in Río Tea poderán coñecer de primeira man o nome das oito bandas que loitarán sobre o escenario do JJ Copas por facerse con 1.000 euros do primeiro premio. “O obxectivo de organizar esta xornada de presentación é que a xente experimente unha primeira toma de contacto coas bandas que van inundar de rocanrol a vila durante preto de dous meses”, din dende a organización, que ofrecerá a través dunha serie de vídeos unha pequena mostra de cada unha destas bandas. “Son oito formacións de estilos moi diferentes pero dunha calidade que deixará en moi bo lugar o prestixio do Concurso”, conclúen.

Lady Chatarra porá a música este sábado 17

Pero non se podería falar de noite de rocanrol se unha formación non subise ao escenario do JJ Copas. O grupo elixido pola organización para que poña banda sonora a unha noite que promete ser máxica chega dende a vila coruñesa de Ordes e faise chamar Lady Chatarra. Será a segunda vez que os ordenses ocupen ese mesmo escenario, despois da súa participación no I Concurso de Bandas Rock in Río Tea. Aseguran os organizadores do Concurso que “levamos moito tempo intentando que Lady Chatarra regrese a Ponteareas, e non se nos ocurre mellor ocasión ca esta para facelo”.

O II Concurso de Bandas Rock in Río Tea comezará o sábado 21 de febreiro e alargarase ata o 11 de abril, día escollido para que se celebre a gran final do mesmo, ainda que dende a organización aseguran que “haberá algunha sorpresa máis en forma de rocanrol en directo antes da data de comezo dun Concurso cuia primeira edición marcou un antes e un despois na historia do Rock in Río Tea e na historia do rocanrol na vila de Ponteareas”.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.