Decembro de 2018, Pontevedra ateigase de cine da man do Festival Novos Cinemas, pero este ano non só trae cine senón que ven acompañado dunha ampla programación musical. Achegámonos ata a sesión vermú do sábado, presentación do proxecto Galician Bizarre III e música a cargo de Esposa.

Esposa é unha banda formada inicialmente por Cibrán e Xacobe aos que se lles unirían Mar e María, que mediante acordes sinxelos e versións en galego, ás que lle cambian a letra para falar das súas movidas, fixéronse un oco na escena pop galega.



Neste vídeo cóntannos de primeira man todo sobre o grupo, da súa panxoliña e do Galician Bizarre, así como o difícil de manter unha banda cando a metade do grupo está emigrado.

Se co vídeo non vos chega e queres escoitar máis de Esposa, aquí tes o seu bandcamp.

Ninguén sabe exactamente o que é o Galician Bizarre, pero ata o de agora saíron dous discos recopilatorios de bandas underground galegas baixo ese nome. Este é o terceiro volume e nel pódese escoitar a riqueza e a variedade da escena: hai pop lo-fi, trap, neopsicodelia, post-grunge, punk, electrónica e o que se che ocorra a maiores. Todo feito co enfoque diferente que probablemente dá o vivir na periferia da periferia, falar outro idioma, a dieta atlántica e o bizarrismo das costumes festivas de por aquí.

 Así se presenta a terceira entrega do recopilatorio que mestura as novas musicas galegas. Pantis, Contenedor de Mierda, Esposa, Dois, Atrás Tigre, Oh! Ayatollah, Lamprea Explosiva, Bifannah son algunhas das 17 bandas que participan neste disco autoeditado por elas mesmas e financiado mediante unha campaña de crowdfunding.

 Se queres máis info sobre o proxecto.

 E se o que queres é escoitar os ritmos do Galician Bizarre III, telos todos neste aquí.

Vídeo, Martín Rodas.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.