O pop dos Azeitonas e a tradición das Tanxugueiras venceron nesta edición. Máis de 5 000 votos e os nomes de Guadi Galego, Nao ou António Zambujo entre os finalistas do certame organizado pola Escola de Idiomas de Compostela. As Tanxugueiras seguen a recoller recoñecementos ao seu traballo apenas unha semana despois de gañaren o premio MIN ao mellor álbum en galego. A finais de mes encetan en Lalín unha xira coa que fecharán o ciclo arredor deste seu primeiro -e exitoso- disco. 


Os Azeitonas son unha banda formada no Porto no 2002, que debutou da man da produtora Maria Records, propiedade do Rui Veloso, en 2005. 6 álbums de estudios, varios temas de moito suceso no país veciño e nominacións aos premios MTV Europa da conta da andaina proveitosa desta formación. 

Tanxugueiras acada este premio unha semana despois de recoller o premio MIN á mellor álbum en galego. A banda consegue este novo recoñecemento polo tema “Que non mo neguen”, unha canción na que Tanxugueiras, segundo elas propias, quere facer ver o actual empoderamento da muller e camiñar en prol da igualdade.


ARi[t]mar Galiza e Portugal é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galiza e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous e a países, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía e está patrocinado polas secretarías xerais de cultura e de política lingüística da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e polo Concello de Santiago de Compostela, ademais de polo Instituto Camões e o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal.

Tanxugueiras acada este premio sendo o grupo galego máis votado, seguidas de Guadi Galego e Nao. O tema forma parte do primeiro disco das pandereteiras, cun título homónimo e que lles permitiu levar a súa música por todo o país cunha xira de máis de 50 concertos en 2018 e tamén até Cuba, A India, Suíza e mais a súa terceira participación no Festival Celtic Connections de Glasgow.

Destas participacións no festival escocés naceu a colaboración cos Shooglenifty, plasmada nun novo tema dos abandeirados do folk escocés, e que tamén as levou a participar ao vivo no Connections deste ano acanda os escoceses e Latif de Dhun Dhora nestoutro tema

O vindeiro 29 de marzo no Salón Teatro de Lalín, Tanxugueiras comezarán a xira de 2019 na que non deixan de sumarse datas e que servirá de despedida deste traballo co que tantos éxitos están colleitando. Neste concerto amosarán temas novos e tamén celebrarán co seu público estes dous premios acadados. As entradas para o concerto poden adquirirse na web de Enterticket ou na billeteira do teatro o propio día 29. O prezo é de 10€ + gx anticipada e 12€ na billeteira.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.