Actuarán o sábado 6 de abril, ás 19.00 horas, no XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Aló presentarán o seu terceiro traballo publicado na colección Sonárbore de Galaxia. A banda, que recibiu en 2018 o Premio Martín Códax da Música ao mellor grupo de música infantil, fará a seguinte presentación do novo show será o 21 de abril, ás 18.00 horas, no Teatro Colón da Coruña. Escoita Megatronca, adianto do novo disco!

A Gramola Gominola presenta o vindeiro sábado 6 de abril o seu novo traballo de música infantil: 'BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ'. A banda de rock ofrecerá un concerto a partir das 19.00 horas dentro do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra no Pazo da Cultura. Trala estrea de Pontevedra, A Gramola Gominola presentará o novo proxecto o 21 e abril, ás 18.00 horas, no Teatro Colón da Coruña.

O libro disco, o terceiro d'A Gramola Gominola editado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As protagonistas de 'BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ', ilustradas por Iago Araujo, viven mil aventuras. A Megatronca, a Lebre Chouteira, a Superlingua, Paz, a Banda Pica Pica e moitas máis empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións... Estas son as BRAVAS, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo!

A Gramola Gominola nace en 2015 como unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). Premio Martín Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil, A Gramola Gominola ofrecerá unha xira de presentación chea de concertos rockeiros co público en pé e cornos en man!



ESCOITA MEGATRONCA, ADIANTO DO NOVO DISCO


{nmap}html5|450|100|images/stories/descargas/GramolaGominola|||a{/nmap}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.