Luns 28 de maio. 19h. Na Casa das Crechas. Os Cempés apresentan nunha sesión pechada a medios e amizades o seu novo traballo. Tentemozo. Financiado mediante unha iniciativa de crowfunding, o novo traballo festexa os vinte anos da formación de Ferrolterra.

Os Cempés voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto. Para gravaren este traballo contaron coa colaboración das Mozas e Mozos da Escola Livre da MPG, con músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamín Otero, Pablo Doval... A cita será na casa das Crechas, nun concerto reservado aos medios e ás amizades que colaboraron coa banda na iniciativa crowfounding que permitiu a creación de Tentemozo.

No seu blogue, o grupo vai ir subindo máis información sobre as vindeiras datas de presentación do novo traballo. Aquí vos queda un petisco, A Mirandesa, unha das pezas incluídas en Tentemozo.