Non descubrimos nada se dicimos que o Xabarín Club fixo máis pola lingua, -e pola música-, do país que todos os programas de normalización lingüística que houbo, hai ou haberá neste recanto do mundo. Aínda se mantén en antena, na TVG2, pero o Clube da Galega está lonxe da actividade que tiña nos 90, cando foi pioneiro dos clubes infantís de TV en todo o estado. Tes saudade daquel tempo? Pois entra e coñece Xeración Xabarín.



 O Xabarín Club marcou a infancia de varias xeracións de galegxs, e aínda o fai, con menos medios e desde a segunda canle da TVG. Na grella a primeira hora do día, ao mediodía e na hora da merenda, o clube da galega segue aí, aínda que fican lonxe os tempos o Xabarín era altofalante dos grupos musicais galegos. Segue a sacar de cando en vez algún novo vídeo, mais non co ritmo nin incidencia que tivo nos 90.

Aquela época quedou na retina de moitxs de nós, mesmo se editaron varios CDs e DVDs de A Cantar co Xabarín, cos temas e vídeos. Na rede, xabarin.org, a web da Xeración Xabarín, ofrécenos un catálogo con todos os vídeoclips, -os daquela época e os actuais-, as cancións das series e un interesantísimo Índice de Descargas, coas ligazóns de descarga nos Arquivos da Meiga dun bo número de pelis e series infantís en galego.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.