Todxs habedes coñecer o anuncio da bebida enerxética onde os elefantes voan e unha nai ten que comer as súas palabras. Pois pasounos algo semellante. Un día dixemos que só falariamos ben de Madonna se ía de xira cun grupo de txalapartaris e cantaba en euskera. E aí a tedes, cos Kalakan acompañándoa na meirande xira da súa historia. Txalapartas sobre Open your heart e a diva americana botándolle unhas estrofas do Sagarra Jo, peza do trío de Iparralde. Vídeo no interior.


Thierry Biscary, Jamixel Bereau e Xan Errotabehere forman o trío Kalakan. Fan folk, mesturando a música euscaldún con sons contemporáneos. A cantanta neoiorquina coñeceunos en Ghetary, Iparralde, onde pasaba uns días coa familia. Fóronlle tocar á festa do seu aniversario e Madonna gustou da súa música. Propúxolles acompañala na xira mundial que vén de comezar. E aquí a tedes, txapela sobre as guedellas loiras e cantando na lingua dos bascos.


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.