O Celtic Fringe Festival de 2012, -que se ha celebrar do 20 ao 24 de xuño en Sligo, Irlanda- acollerá a estrea. David Ramos apresenta o film sobre a experiencia que hai 1 ano levou 15 músicos da Escola Livre da MPG até a edición do 2011 do festival de Sligo para participar na estrea da De Cuellar Suite. Aló compartiron escenario con 40 músicos irlandeses dunha escola homóloga. E todo para dar a coñecer as andainas por Irlanda e Escocia do capitán castelán Francisco de Cuéllar, ao mando dun dos barcos da armada invencíbel no 1588. Vídeo promocional do documentario no interior.

A través da web da Central Folque enterámonos da estrea deste filme. O documentario presentarase o vindeiro domingo 24 de xuño en Sligo, concretamente ás 5 da tarde no Barrys con entrada libre. Nel, David Ramos cóntanos a expedición de 15 alumnos de aCentral Folque que o ano pasado foi a Sligo a compartir palco con máis de 40 músicos irlandeses dunha escola de música tradicional homóloga. A intervención máis importante tivo lugar ante un auditorio de máis de 800 persoas para estrear a composición de Michael Rooney, unha suite orquestral con 60 persoas en palco nunha viaxe musical sobre o periplo do capitán da Armada Invencíbel Francisco de Cuéllar, unha historia digna de ser contada.

Este ano, aCentral Folque participará na segunda edición do festival que acolleu esta iniciativa, o Celtic Fringe Festival , onde alumnado da Escola Livre da MPG repetirá a experiencia do ano pasado. 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.