A pasada fin de semana no Derrame Rock púxose á venda o DVD que os Heredeiros da Crus aquelaron co gallo da súa volta aos escenarios. O disco inclúe o concerto completo que a banda do Barbanza ofreceu en Ordes o pasado 3 de marzo. Unha mostra do que a banda vai dar si nas citas que ten pechadas no verán do seu retorno. En breve, o disco estará dispoñible tamén na rede e nos puntos de venda físicos.


Despois de pasar polo Derrame Rock, os Heredeiros teñen pechadas 4 datas máis este verán. A primeira, o vindeiro 14 de xullo no Nordestazo Rock en Malpica. Despois andarán polo Arreacabo de Viveiro, o Son Rías Baixas de Bueu e máis o Brincadeira de Ordes. Entrementres, os máis fans poderán acougar con este DVD, que contén varios extras alén do concerto de regreso da banda. Na web da produtora anuncian que é posible mercalo on-line, mais nós non o atopamos na súa tenda cando escribimos este artigo. Agardando que en breve estea dispoñible on-line, polo de agora só se pode reservar na propia web da banda.


Aquí tedes o trailer:

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.