O Marrucho en agosto foi o primeiro concerto dunha xira que os ha levar por varios locais do país. Adiados un par de concertos despois dalgún problema de saúde, -non só nas megabandas pasan estas cousas :)-, xa sabemos como queda finalmente a súa Xira Bruta. As datas todas podedes buscalas escribindo Martelo no noso buscador de concertos ou ben consultando directamente na nosa Axenda. A xira re-comezará este domingo 16 de setembro no Aturuxo de Bueu, a iso das 21:00h.



Os Martelo son xente do jazz facendo rock. Unha sonoridade que bebe do rock clásico dos 70, con guitarras que lembran a Hendrix, e fulgores do rock máis actual, marcados polo xeito de cantar de Xacobe Martínez Antelo. Haberá que ir miralos ao vivo para sacar máis conclusións, pero a cousa promete.

Aquí vos queda unha mostra da súa música. Só audio, sen imaxes. Hai máis na súa web.