O portugués Luis Peixoto (Coímbra) e o galego Fernando Barroso (Ferrol) volven traballar xuntos na creación deste proxecto, que verá a luz grazas á colaboración de mecenas que queiran financialo e así obter un exemplar adicado polos artistas, ou incluso disfrutar da súa música en directo cun concerto privado. A peculiariedade de ‘Pop’ é que non será distribuído de manera convencional. Estará ao alcance de aqueles padriños que queiran formar parte da campaña de financiamento. Posteriormente só estará dispoñible nas plataformas dixitais ou ben mediante compra directa aos artistas.



Peixoto e Barroso, recentes gañadores dun Premio Opinión co disco homónimo da banda, Assembly Point (2011), xunto ao irlandés Eoghan Neff, conforman tamén unha parte importante do panorama folk actual, con agrupacións como Os Cempés, Anxo Lorenzo Band, Riobó e Sebastião Antunes & Quadrilha.

Abrindo de novo unha paréntese nos seus proxectos, céntranse na produción de ‘Pop’, que non é máis que o resultado da fusión das súas ideas musicais. Alén do folk, tendo como base instrumentos propios de trovadores ou músicos da antiga tradición, teñen creado toda unha amálgama de músicas, sen maior pretensión que a de mostralas a todos aqueles que queiran ser partícipes deste proxecto.

Aquí tes toda a INFO sobre este proxecto de crowfounding

E aquí un vídeo de POP

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.