GZmúsica entra de cheo nas eleccións. Imos falar só de música...e iso que habería moito que dicir! Traémosvos as cancións que van acompañar os candidatos dos distintos partidos políticos que se presentan as eleccións do 21-O. Pop e folc adoitan ser os estilos máis acaídos para a ocasión, pero sempre hai de todo. Aquí teñen a primeira entrega, con temas do PP, o PSOE e CxG. Pasen e vexan!!

Comezamos polo partido do goberno. E non por gobernar, senón porque ficamos realmente impactad@s cando escoitamos este tema no facebook de abretedeorellas.com. Coincidimos cos comentarios que a xente está a deixar na rede...había tempo que no país ninguén acadaba semellantes cotas de lirismo. Compróbeno vostedes!


As Xuventudes Socialistas galegas tamén se atreveron cun tema pop, un chisquiño máis traballado ca o do PP...aínda que tampouco moito, vaia.


Polo de agora, gaña por goleada Compromiso x Galicia, que conta cun tema de Roi Casal, Vai Alborexar, para a súa campaña. A anos luz dos anteriores, a verdade. Continuaremos informando!


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.