Vimos de coñecer unha outra iniciativa de difusión da música galega. Trátase de Galiza mais perto, un programa da Rádio Universitaria do Minho que todas as quintas feiras lle abre unha xanela á nosa música na radio da outra beira do Miño. Emítese en Braga pero podes escoitalo on-line. E se tes un grupo lembra que desde o Galiza mais perto fan un chamamento ás bandas do país para participaren no programa.

O Galiza mais perto é un programa da Rádio Universitária do Minho que pretende aproximar, a través das ondas, a cultura e a música da Galiza ao Norte de Portugal.

Todas as quintas-feiras durante unha hora, das 20h ás 21h -hora galego-portuguesa-, dan a coñecer as mellores músicas da Galiza e informan das novidades discográficas, concertos... así como das actividades culturais que poden ser de interese para os seus ouvintes. Emítese no 97.5 da FM en Braga. Na súa web podes escoitar os podcast do programa.
O programa “Galiza mais perto” é unha iniciativa da Rádio Universitária do Minho, unha radio cunha forte compoñente cultural e de divulgación científica, das novas correntes da música, da literatura, do cinema e das artes. Segundo nos contan desde o programa, propuxéronlles un programa semanal onde a música galega tiver presenza e onde se partillase información sobre outras cuestións culturais da Galiza. A emisión foi iniciada no ano 2010 por Inés Rodo Montes, anterior lectora do CEG da Universidade do Minho, e desde xaneiro de 2012 é conducido por Marisa Moreda.
Desde o “Galiza mais perto” aproveitan para convidar a tod@s os músic@s da Galiza a participaren no programa (enviando músicas, noticias, gravacións...), pois  pretenden que este programa funcione como elo entre as dúas bandas do Miño.
Podedes contactalos a través da páxina do facebook ou enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
E como eles din: ESPERÁMOSVOS NO GALIZA MAIS PERTO!!!!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.