Es dos que escoitan unha gaita e xa lle bolen os pés? Es das que marcas o punto con mestría? Pois agora volves ter a ocasión de demostrar que es unha ou un bailarín de altura. Só tes que atopar unha parella e apuntarte a "Punta Tacón". Na web da Asociación de Gaiteiros Galegos enterámonos do novo concurso de baile do Luar da TVG. Aquí tes toda a información para demostrares ao mundo o que sabes facer.



Realidade virtual e baile tradicional únense neste novo concurso. En Punta Tacón, que se estreou a comezos de outubro, os bailaríns verán reproducidos os seus movementos e pasos en tecnoloxía punta. Trátase dun complexo sistema que permitirá ver en 3D cada un dos puntos desenvolvidos polas parellas de concursantes. Aquí vos deixamos a información precisa para apuntarvos ao concurso.

Dinámica do concurso. "Punta Tacón".

A ritmo de Muiñeira.

30 segundos. A parella “A” fai unha coreografía con dous pasos de muiñeira.

30 segundos. A "Animación" repite a coreografía da parella “A”.

30 segundos. A parella “B” intenta repetir xunto á parella "A" a coreografía da parella “A”.

30 segundos. A parella “B” saca coreografía de muiñeira.

30 segundos. A Animación repite coreografía da parella “B”.

30 segundos. A parella “A” intenta repetir xunto á parella "B" a coreografía da parella “B”.

Para a jota o esquema é semellante, ademais o concurso terá o formato de “liguilla”, enfrontándose as parellas concursantes entre si.

Cada parella concursante terá que facer varias intervencións  en diferentes días, posiblemente 1 intervención cada 6 semanas durante a duración do concurso.

 Cada concursante recibirá unha puntuación de parte do xurado.

O xurado estará composto por tres expertos do mundo do folclore. Montse Rivera, Javier Feijoo”Chisco”, Henrique Peón.

Os concursantes recibirán en concepto de colaboración 50 € cada un, máis os gastos de desprazamento.

O concurso terá un primeiro premio de 4000€ en metálico e un segundo premio de 2000€ en metálico. (Suxeitos ás correspondente retencións de IRPF).

Poden presentarse parellas home/muller, Muller/muller, home/home, que cumprisen os 16 anos.

Aclaración: A “Animación” son os bonecos en 3D que repiten a coreografía que fixo a parella concursante. Para iso, as parellas concursantes terán que facer a “captura de movemento” das coreografías.

 Para facer a “captura de movemento” deberán preparar unha coreografía de cada estilo, muiñeira e jota, e ir un día gravar nun estudio de animación.

Previamente daráselles a música para crearen as coreografías.

A coreografía deberá ter dous puntos (o punto deberá de repetirse coa outra perna, executándoo polo menos dúas veces), despois a composición é “libre”.

 O día da gravación os gastos dos desprazamentos das parellas corren por conta do programa Luar.

O día da gravación da animación, pagaráselles a cada un dos compoñentes da parella 25€ en concepto de colaboración pola gravación.

Para participar manda un correo co teu nome e teléfono de contacto a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chama ao teléfono 620 29 41 66.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.