O dúo 2uS, música instrumental, presenta hoxe martes 13 ás 21.30h o seu segundo traballo, "Dous", que xa foi aclamado pola crítica do país. A hora da actuación adiantouse unha hora por mor da folga xeral convocada para mañá mércores. O dúo estará acompañado polo contrabaixista Pablo Pérez.


Esta noite o dúo 2uS (léase “dous”) presenta na Casa das Crechas o seu segundo disco, ‘Dous’. Eles son o clarinetista Fernando Abreu e o guitarrista Pablo Carrera, e no concerto estarán acompañados polo contrabaixista Pablo Pérez.

Logo dun primeiro traballo titulado 'Só son sons' (2008, Falcatruada), 'Dous' é un disco máis sereno que foi aclamado pola crítica. É coma unha viaxe onde podemos atopar jazz, pop, música contemporánea, world music e mesmo certa sonoridade africana, caribeña e oriental.

'Dous' é un resultado da “personalidade apabullante” (Uxía Senlle dixit) de Pablo Carrera e Fernando Abreu, que proceden de proxectos como Mercedes Peón, Crebinsky, Doctor Harapos, Orquestra Omega, todos eles proxectos moi comprometidos coa vangarda coa procura de novas sonoridades. “Son melodías que nos reconcilian coa música instrumental, para deixarse levar, que nos traslada a un club de jazz dos anos 20 ou 30”, segundo a crítica de Uxía para a Radio Galega.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.